Fiz non era como os demais nenos:
era o máis medorento do mundo!
Unha historia para favorecer a expresión de sentimentos e tirar proveito de algo que, en principio, podería parecer unha limitación ou unha barreira para o día a día.
A coñecida escritora galega fainos unha invitación para que nos riamos de nós mesmos, e a ilustradora portuguesa Teresa Lima, que acepta o convite, amósalle a súa complicidade nas sempre elegantes e cálidas imaxes do álbum.
A artista lusa, resolve a parte visual coa súa coñecida e xa recoñecida, despois dos múltiples e importantes premios recibidos, liña plástica, baseada nunha técnica mixta na que mestura os tons pastel, os lapis de cores e a colaxe dalgúns elementos.
Trátase dunha proposta plástica onde predominan as imaxes creadas a partir dunha suave paleta cromática que xoga constantemente cunha persoal luminosidade. Unhas imaxes, coas que a ilustradora nos introduce neste fascinante mundo de Fiz. [Presentación editorial]