Puntuación: 1.8/5 (74 votos)
O poemario Vogar de couse é a metáfora da singradura
existencial humana, desde a infancia á irremediable destrucción
na vellez, pasando pola adolescencia e a madurez con (des)amor
e soidade. A implacable clepsidra das estacións e dos meses do
ano van marcando o ritmo e o inevitable final da humana singradura.
(...)
"Vogar de couse" é unha homenaxe a Fisterra, ó seu mar e á
súa xente, á que traballaba coas pezas do xeito ou con liñas en
chalanas e en bucetas onde as bravas augas obrigaban a ter xente que vogase de proa, da carto, de medio e de couse. Non son
as tranquilas augas dunha ría como a da Arousa, con domas de
tope e con polbeiras domas de escarva, con ghaleóns que transportaban peixe, leña ou barro e con pailebotes. Son as augas
dunha costa dura para o traballo no mar como as da costa dos
mariñeiros portugueses da marabillosa prosa de Raul Brandao.
Alexandre Nerium non fai neste seu primeiro poemario édito unha crónica da xente do mar de Fisterra, senón que transmite a súa propia vivencia dese mar. É o mar no que el medrou e
morou, o mar que foi o seu medio de vida e que quere que o siga sendo. O mar que lle permite seguir soñando, a pesar das cíclicas catástrofes que afectan Fisterra e a batida e castigada
Costa da Morte. Onte o Casón, hoxe o Prestige ¿e mañá? .
Ademais do mar fisterrán, en "Vogar de couse" están os mares poéticos de Manuel Antonio e de Bemardino Graña, de
Méndez Ferrín e de Avilés de Taramancos, de Xohana Torres e
de Ana Romaní, de Rafa Villar e de tantos poetas con mar e sen
mar ÓS que Alexandre Nerium quere homenaxear neste libro
coa introducción nos quintetos dalgún verso deses poetas ou
ben con varios versos como encabezamento de cada un dos cinco libros do poemario. "Vogar de couse" é unha homenaxe á poesía dos anos 80 e á dos 90 (a dos "vellos" e a dos "novos"), é
unha homenaxe a Manoel Antonio, creador dun mar fantasmagórico (e surrealista como os cadros de Urbano Lugrís) con
termos náuticos técnicos e co léxico dos mariñeiros de baixura
de Rianxo e do Mar da Arousa.
[fragmentos do limiar de Francisco Fernández Rei]