A princesa e o trasno é un dos pouco coñecidos alicerces da literatura fantástica moderna escrita en forma de conto de fadas. Entre os herdeiros da narrativa de MacDonald cabe destacar a Tolkien e a C.S. Lewis, grandes figuras da fantasía do século XX que lle deben non pouco aos escritos do autor escocés. Trátase dunha novela par todos os públicos, tanto nenos como adultos, aínda que, como ocorre con outras obras como as de Lewis Carrol, está preñada de simbolismos e segundas lecturas que fan que o lector adulto ache na lectura das súas páxinas un intenso pracer, amplificado polas fermosas ilustracións de Arthur Hughes que se reproducen nesta edición. [Presentación editorial]