Puntuación: 2.7/5 (61 votos)
Este libro é a historia da negativa dun país como Venezuela, que precisaba man de obra cualificada na industria e no campo, á entrada de inmigrantes orixinarios do Estado español por razóns políticas e a historia dos que che¬garon legal e ilegalmente ante a desesperación da miseria e da falta de esperanza.
A pegada destes inmigrantes é tan grande na sociedade venezuelana actual -o censo de residentes ausentes venezuelano é o segundo despois do arxentino-, que Venezuela non se comprende a si merma, na súa agricultura, na súa industria ou na fundación e desenvolve¬mento das súas principias empresas culturais e educativas, sen a achega de andaluces, astu¬rianos, canarios, cataláns, galegos, madrileños e vascos que, fuxindo dunha paupérrima di¬tadura, sufriron travesías que custaron vidas, falta de traballo, falsas expectativas, desánimo, xenofobia e fracaso, e que souberon repoñer¬se, perseverar e conquistar os venezuelanos até chegar a ser unha das comunidades estranxci¬ras máis numerosa e mellor considerada.
[Fragmento da Introdución]