Este libro trata do noso pasado máis incómodo, daquel que aínda está vivo entre os sobreviventes, cada vez máis escasos, e que fica descoñecido entre os máis no- vos. Máis que descoñecido, deformado. Tamén aborda algúns dos problemas que hoxe ternos con el. O golpe de estado de 1936, a represión que o acompaña, a gue-rra civil que provoca e a ditadura que se instaura corno consecuencia da vitoria franquista distan moito de ser un pasado coñecido. Sobre o período 1936-1977 aínda hai moita máis memoria que historia. As memorias dos ven-cedores, a dos vencidos, a das vítimas, a dos vitimarios, as construidas politicamente polos protagonistas en fun-ción da súa posición no conflito, memorias superpostas moitas veces e reescritas segundo o paso do tempo, muda o presente e as súas condicións. Cando entran en conflito as memorias dos vencidos e as dos vencedores, por definición sempre triúnfan as dos vencedores. Só a construción histórica do pasado pode evitar este des¬equilibrio. Este libro recolle un feixe de artigos escritos nos últimos anos que comentan corno se vén recupe¬rando ese pasado incómodo, o coñecemento de aconte¬cementos e feitos que estaban ocultos ou semi-ocultos, os nosos problemas coa memoria, as reaccións sociais diante deste proceso... [Contracapa do libro]