Era un pequecho con grandes soños,
ansioso por medrar, por ser grande,
por ser alguén que non pasase... inadvertido.
O álbum ilustrado gañador do II Premio Internacional Compostela é un microrrelato de gran valor literario, que transporta o lector ao fascinante mundo da mitoloxía maia e da astronomía. O mexicano Felipe Ugalde cántanos a historia dun crocodilo que aspira a trascender, a través do tempo e do espazo, máis aló mesuro da súa propia existencia no mundo. A súa figura é a metáfora da especie humana e dos seus individuos, no seu afán por medrar e deixar unha fonda pegada do seu paso pola vida. Como o crocodilo, teñen a convicción de estaren destinados a algo importante -aínda sen saber que, nin como logralo- e nese camiño devórano todo ao seu redor.