Puntuación: 1.8/5 (53 votos)
Mamá Pimpona quere alimentar ao seus famentos pimponciños, pero por nada do mundo recorrería a aqueles saborosos...
Nesta divertida e orixinal historia sobre o absurdo de certas prohibicións, Mar Pavón da vida a unha galería de personaxes surrealistas que nos atrapan desde o primeiro intre, ao tempo que o ilustrador luso Joáo Vaz de Carvalho sae airoso do reto de facernos visibles a uns curiosos protagonistas asumindo esa perspectiva fantasiosa que envolve unha proposta que, sobre todo, invita ao sorriso.
O artista portugués desprega unha xenerosa paleta cromática de cores cálidos, na que brancos e vermellos marcan a pauta dunhas ilustracións de clara orientación narrativa, que complementan a proposta literaria mantendo un delicado equilibrio estructural na carga informativa aportada en cada unha das dobres páxinas nas que se desenvolve a historia .
A tipografía é clave para remarcar algúns momentos narrativos que sustentan a historia, ao tempo que permiten unha lectura cómoda; o seu papel neste álbum é importante, sobre todo na parte final do libro, onde a peripecia se resolve coa achega do narrador, que propón unha solución ao problema do relato e pecha unha obra chea de humor de principio a fin.
[Prsentación editorial]