Puntuación: 1.6/5 (49 votos)
Moi pretende saber máis sobre os tímidos habitantes da súa illa, os cangrexos violinistas, e non cederá no seu empeño ata acadalo.
Para alcanzar este obxectivo, Xavier Queipo amósanos que tan importante é a sabedoría dos maiores como a capacidade de aprendizaxe por un mesmo, algo que tanto valoran os máis pequenos e cos adultos debemos saber alimentar.
As ilustracións de Jesús Cisneros apuntan máis que definen, nun desenvolvemento narrativo que acompaña a un discurso textual a través dunha sutil ensoñación onde as imaxes se impoñen sobre textos que, nalgúns casos, desvanécense entre composicións de grande poder evocador, suxestivas e nun atrevido pero elegante xogo de luces e sombras.
Un fermoso álbum que nace da ansia de coñecemento, sempre presente nos nenos e que nunca deberían perder os adultos.
[Presentación editorial]