Puntuación: 1.7/5 (34 votos)
"O porquiño vivía no seu cortenllo, nunha granxa.
Ao porquiño gustáballe comer, correr arredor do cortello e durmir.
Pero o que máis lle gustaba era sentarse e estomballarse na lama.
O granxeiro e a súa muller queríano moito ao porquiño.
-Para nós, es o mellor porco do mundo -dician."
A historia do porquiño que acaba cimentado na beirarrúa dunha gran cidade xorde da imaxinación de Arnold Lob& como outros relatos entrañables, sinxelos e fermosos dos que tamén é autor, como "Contos de ratiños" e "Sopa de rato", publicados por KALANDRAKA. A súa obra caracterízase pola busca dos acentos personais, as emocións básicas e os ambientes cotiás. De aí a concisión do seu estilo literario, a base de palabras esenciais, como a condición humana que tenta plasmar.
Unha acción tan inocente e á vez tan contraditoria como a limpieza dun cortello, desencadea unha serie de despropósitos que converten o porquiño no protagonista dunha complexa operación de rescate. A súa desventura conmóvenos, pero ao mesmo tempo fainos rir, As ilustracións redundan nese sentido do humor, levándonos do campo á cidade, nunha viaxe de ida e volta inesquecible.
[Presentación editorial]