Puntuación: 1.6/5 (39 votos)
O pensamento e a acción política de Ramón Piñeiro constitúen os dous focos de atención
dunha das novidades fundamentais das publicadas no ano en que o Día das Letras
Galegas se lle dedicou ao devandito pensador e galeguista. Logo dun intenso labor de
investigación que deu foito na súa tese de doutoramento, Miguel Barros publica
Ramón
Piñeiro ou a revisión do nacionalismo, dous volumes nos que o autor se aproxima á nosa
memoria política máis recente para apreixala antes de que sexa transformada en historia. A ac -
tualidade do pensamento de Piñeiro e o seu papel na reformulación do nacionalismo galego, a
idea de Galicia como patrimonio político que enche de significado a vida e a obra dunha das
figuras fundamentais do galeguismo do século XX.
Volume I: Pensamento
O pensamento de Ramón Piñeiro resulta do esforzo hermenéutico para apreixar a idealidade que explica a acción política de toda unha xeración. Este libro pescuda no seu papel na reelaboración do herdo do galeguismo e na súa contribución á renovación da reflexión sobre a realidade dun país. Unha traxectoria que leva da idealidade do pensamento á acción política comprometida coa idea de Galicia como patrimonio político.
Volume II: Acción política
Neste libro ofrécese unha reflexión sobre o período que vai do ano 1943 a 1981. A figura central do seu protagonista, Ramón Piñeiro, resume as ilusións, angurias e fracasos que viviron e padeceron os compoñentes da mocidade galeguista -unha "xeración irrepetible"- que sobreviviu á Guerra Civil. Os mesmos que mantiveron viva a reivindicación dos dereitos políticos do pobo galego.
[Presentación editorial]