Neste traballo pretendemos unha dobre tarefa. Por unha banda, facer unha valoración sucinta do patrimonio arqueolóxico do concello de Oleiros, especialmente dos xacementos coñecidos como castros, baseada nunha información recentemente contrastada. Doutra banda, facer unha pequena revisión da historiografía arqueolóxica neste ámbito espacial para realizar un balance dos procesos de deterioro do patrimonio arqueolóxico, especialmente nos últimos cincuenta anos.
O noso obxectivo é pór de manifesto a perentoria necesidade de salvagardar este patrimonio cultural, non so a través de actuacións institucionais, xenón a través da toma de conciencia da nosa sociedade.[Fragmento do limiar]