Un rapaz de 13 anos, Xoel, que apenas ten vida fóra da PSP e da rede. O misterio de Merlo Branco. Paco e Carme, uns pais demasiado atarefados. Eunice, a moza brasileira pola que suspira o protagonista. Fábio, Daniel e Sara, os outros amigos que secundarán as andainas de Xoel. Don Santiago, o avó que constrúe un motoveleiro e vive os remorsos dunha gran mentira. Estes e outros personaxes ao servizo dunha novela que mantén o interese e a intriga ata o final. [Contracapa do libro]