En plena Época Vitoriana nun condado da campiña inglesa, onde antano se erguía o reino de Mercia, corren rumores de que nas profundidades da terra aínda habita un monstro de eras pretéritas, ao que chaman "O Verme Branco".
Esta é a última novela escrita polo afamado autor de "Dracula", unha historia de misterio e terror vitoriano que nos fai pensar en que no máis profundo aínda pode haber criaturas que son o mal encarnado... [Presentación editorial]