Antía estaba certa de que aquel ía ser o verán máis aburrido da súa vida. Debía botar dous meses acompañándo á nai nunha base do servizo antilumes, no medio dunha chaira seca e calorosa. Pero cando coñeceu a Enver todo mudou; el abriulle a porta da astronomía e do namoramento. Xuntos enfrontaron os incendios que provoca o misterioso Piloto Vermello. Aquel verán acabou sendo o dos maiores lumes e o incendio máis xigantesco que coñecera o corazón de Antía. O contador de estrelas é unha novela sobre o derrubamento da candidez, sobre o salto sen rede á madureza dun ha rapaza que ve como o amor, a amizade, a aventura e a mentira lle dan a volta á súa visión inocente da realidade. [Contracapa do libro]