Bartleby é un escribente excelente que despacha unha cantidade extraordinaria de documentos na oficina de Wall Srett onde traballa ás ordes dun avogado. Porén, un bo día, cando o seu xefe lle pide que examine con el un documento, Bartleby se nega con total serenidade dicindo: “Preferiría non facelo”. Dende entón, diante de calquera requerimento do avogado, o narrador do relato de nome descoñecido, contesta coa mesma frase: “Preferiría non facelo”. O avogado descubre que Bartleby quedou vivir na oficina e, como se nega a obedecerlle e despois a escribir máis, o despide. Porén, este curioso personaxe se nega a marchar e continúa vivindo na oficina. O xefe que é incapaz de botalo, decide mudar a sede do escritorio. Cando chegan novos inquilinos, Bartleby segue alí, prefire non facer nada que altere a súa situación. [Presentación editorial]