Neste libro ofrécese, por vez primeira no panorama bibliográfico español, unha revisión en profundidade das complexas e de cotío problemáticas relacións entre Arqueoloxía e Etnicidade. A través dunha perspectiva historiográfica que abarca desde os traballos de Kossinna ata as últimas propostas postprocesuais, o autor aborda temas como a definición de grupo étnico, a conceptualización da etnicidade en Antropoloxía e Socioloxía ou a instrumentalización do pasado con fins actuais. A conclusión que se deriva de todo ilo é que resulta necesario repensar o xeito en que os arqueólogos se teñen aproximado tradicionalmente ao estudo das identidades étnicas, tarefa para a que se avanzan unha serie de propostas e reflexións de carácter teórico-metodolóxico.