Puntuación: 2.2/5 (48 votos)
Unha noite,
Papá León foi visitar o picapau
e encargoulle unha máscara lixeira como unha pluma, fría como o odio e vermella como a ira.
O paso á idade adulta do chamado a ser Reí da sabana é usado por Margarita del Mazo como unha alegación contra clixés, convencionalismos e estereotipos. Consecuentemente, este álbum convértese nunha crítica ás vidas rexidas sobre todo polo que os demais esperan dun, e alerta sobre a enorme infelicidade que provoca a dificultada de acadar algo tan simple, e paradoxalmente tan complicado, como ser un mesmo.
A organización cromática (vermellos, amarelos, azuis) das ilustracións de Paloma Valdivia reforza a localización xeográfica da historia e a súa carga dramática, o que non é incompatible coa idoneidade dunhas caras que acentúan o carácter positivo e alegre dos protagonistas, para converter as iraxes nun solvente complemento da carga narrativa do texto.
O traballo da ilustradora chilena destaca tamén polo alto grao de iconicidade dos personaxes, significativo no caso dos secundarios e en perfecta simbiose co dominio dos que ocupan os primeíros planos, que nos deleita con estilizados esquematismos gráficos e unha figuración tan persoal como recoñecible.
[Presentación editorial]