Este álbum destaca pola sinxeleza e orixinalidade da súa proposta narrativa e estética. Parte da concepción do mundo ao revés, dunha especie de reflexo da realidade nunha dimensión paralela. Lonxe de imaxinar que practican estilos de vida diferentes ou antagónicos, o plantexamento consiste en que son mundos que conviven, comparten costumes e se complementan, coa única diferenza de que os acontecementos transcorren en planos opostos... que se se dobran, poden atoparse e coincidir.
Un álbum para ler do dereito ou do revés, a gusto do lector; ideal para compartir a dúas bandas. As ilustracións preséntannos unha peculiar veciñanza, con personaxes de formas básicas, esceas simétricas, cores suaves e cálidas. [Presentación editorial]