Puntuación: 2.1/5 (62 votos)
Esta é a historia da casa encantada que está debaixo do ceo e enriba do mar. Nela viven gatos que foxen do queixo, mouchos que toman o sol, cans que falan, gatos que len, xílgaros fóra da gaiola, tartarugas que andan ás présas, periquitos que escriben e hámsteres que xogan ás agachadas.
A casa ten tres andares. No primeiro viven os cans e mais os gatos, que comparten cuarto de baño. No segundo as tartarugas e os hámsteres, que comparten outro cuarto de baño, e no terceiro os xílgaros e os periquitos, que tamén comparten outro cuarto de baño.
Os únicos que non comparten aseo son os que dormen na planta baixa, a que está máis preto do mar e máis lonxe do ceo, o rato Honorato, que ten baño propio e o moucho Pancho, que prefire para todo o aire libre.
A casa ten na porta da entrada un letreiro que di:
«A casa máis animada do mundo»
****
Unha colección de relatos curtos, que, próximos ao xeito de contar da tradición oral, desenvolven historias, que por unha banda, describen vivencias dramatizadas da realidade, e, por outra, que nos achegan o mundo desde a fantasía do imaxinario galego. Cristina Sáez Cazallas, autora, entre outras obras, de
Moko, editada por Baía edicións, móstranos a súa habilidade para para introducirse no mundo infantil de forma natural e convincente, ao que axuda de forma complementaria a beleza das ilustracións a toda cor creadas por Almudena Aparicio para poñer imaxes a moitos dos relatos.
[Presentación editorial]