14 poemas que, coa sabedoría que nos ten acostumada o poeta mariñán Xoán Neira, achegan a nenas e nenos 14 animais que viven en liberdade baixo o amparo da lúa, descritos con fermosas e evocadoras figuras que describen poeticamente os seus singulares trazos.
Poesía, plástica e animais coñecidos do medio natural galego xuntos para mostrarnos a natureza non sabemos moi ben se cos ollos transformadores da realidade das pequenas ou pequenos ou coa propia visión máxica e paoética que nos mostra cada un destes animais que percorren as páxinas do libro ao abeiro da lúa. [Presentación editorial]