Ás veces, as historias que contan as avoíñas de nobelo branco ás súas netas, poden abrir os ollos a un mundo marabilloso e ser o nexo da unión dunha relación profunda.
Relato que, seguindo o recurso do conto da tradición oral, serve, por unha banda , para poñer en valor o papel dos maiores como auténticos contacontos de historia que nunca sabemos se son baseadas en "feitos reais" ou froito do maxín e da capacidade de fabular das nosas avoas e, por outra, para achegarnos unha fermosa historia de ambiente mariño, á que acompaña unhas ilustracións que recollen en imaxes de forma moi axeitada a esencia da historia. [Presentación editorial]