Un día alegre, de súpeto, una araña gorda e fea... brincou desde o ceo para aterrar no meu corpo.
A descarada, primeiro explorou unha deda do meu pé, avultada coma un kiwi. Logo, subiu aos meus nocellos, rugosos como a pel dunha mandarina.
Un álbum de gran beleza artística e literaria, ideal para todos os públicos, dende os primeiros lectores ata os adultos, pola delicadeza coa que as palabras percorren a xeografía do corpo humano na figura dunha nena, comparando cada parte cunha froita, a través da súa forma, tamaño e textura. O recurso da araña, considerado socialmente como un animal pouco agraciado, proporciona un sutil contraste e mesmo un certo toque de humor, facendo partícipes os lectores das sensacións que percibe a protagonista do relato ante o itinerario que realiza o insecto. Esta obra ofrece un achegamento visual e poético ao corpo humano. [presentación editorial]