Como cada vez que a avoa queda na casa, Bruno ten que durmir na habitación do faiado, pero non lle importa.
Ademais, ese día fora o seu aniversaro e recibira de familiares e do seu amigo Dimitar, auténtico inventor de enigmáticos xogos, moitos agasallos, entre os que descubriu un libro cun título moi atractivo: O Manto de Estrelas.
Coa súa axuda descobre o Universo e crea nel a afección que o converterá nun astrónomo e astronauta de moito prestixio. [Presentación editorial]