Puntuación: 2.0/5 (49 votos)
Un dos nosos máis grandes poetas de hoxe, Xavier Seoane, ofrece a súa escrita -neste volume XI da colección Cadernos de Estudos Oleirenses-, a Oleiros, pois é en Oleiros onde o poeta, ademais de vivir longos períodos, gozou de moitos dos momentos e experiencias máis felices da súa vida... En Oleiros escribiu unha gran parte dos seus libros e, en Oleiros, gustaríalle descansar, e así o constata, espido de equipaxe, cando chegue a hora desa viaxe que tan ben soubo formular, efectivamente, aquel gran poeta que foi don Antonio Machado.
Constata o poeta, canto aos textos que conforman o volume que, cando os le, como nunha grande parte do que leva escrito, non pode deixar de sentir o eco constante de moitos anos de vida nos gratos lugares de Oleiros que tanto leva gozado e camiñado.