¿Pero de onde é que veñen os bebés?
¡Pregúntalle ás cegoñas!
Un conto de cegoñas é un fermoso álbum protagonizado por unhas cegoñas que soñan
con facer a súa primeira viaxe a París. O obxectivo desa viaxe non é, desde logo, turístico, pois están convencidas de que teñen que pasar a recoller alí un bebé.
¿Estarán no certo?
¿Suceden así as cousas?
Só as cegoñas coñecen a resposta.
[Presentación editorial]