Unha das obras fundamentais do ensaio galego, publicada en 1963.
Achega fundamental do ensaio galego do século XX e referencia inescusable sobre o tema, neste libro atópase unha das reflexións máis sutís, rigorosas e orixinais das realizadas verbo do humor como expresión da relación do suxeito co mundo. Situado entre a traxedia e a comicidade, o espazo do humor é o espazo propio do home moderno.
[Presentación editorial]