Xulio López Valcárcel ergueu nesta "Casa última" un artefacto multifacetado capaz de asolagar o seu lector nun mundo imposible de esquecer; porque ó fin e ó cabo é o mundo de todos nosoutros, homes e mulleres, orfos da nosa infancia, orfos do que se foi perdendo e non se pode recobrar. Esta de Xulio é unha casa de palabras que a todos nos acolle un pouco no noso desamparo radical. [fragmento do Limiar de Darío Xohán Cabana]