Estamos ante un conxunto de 5 estudos de poesía que deberán ser lidos na orde correspondente por dous recitadores. As dúas persoas estarán sempre unha ó carón da outra, situándose o Recitador 2 á dereita do n.º 1. Trátase de combinar a creación literario-poética coa musical, observando de forma directa a estreita relación que hai entre ambas e o importante que é a «musicalidade» na creación poética. Inclúe un DVD e ilustracións a color de Cristina Durán. [Presentación editorial]