Esta obra é unha proposta interdisciplinar de aprendizaxe de diferentes contidos curriculares a través do xogo e do enxeño. Nela proponse a utilización da lóxica para interpretar con coherencia os datos que se ofrecen. Clasificados por graos de dificultade (polo que dese xeito resulta doado seleccionar os que poden ser aplicados en diferentes niveis) e dotados dun solucionario final, estes relatos de enxeño son un adecuado complemento para traballar o desenvolvemento lóxico do alumnado e para completar determinados coñecementos teóricos de disciplinas como as linguas, as matemáticas ou as ciencias sociais. Conta con ilustracións a cor de Elena Menjón. [Presentación editorial]