As palabras do desexo e dos corpos van sumando as páxinas dos dous relatos que compoñen Sidecar.
Pausas, fracasos, cimas e perdas son algúns dos lugares onde o lector poderá atopar os protagonistas destas historias. E aínda lle queda tempo ao autor para deixarnos tamén o seu testemuño do real en forma de conflito laboral, nota sobre a emigración, ou mesmo un breve ensaio sobre a imposición do ideal amoroso. Remiso á hora de pretender referentes, apúntanos, preguiceiro, o Banquete de Platón "pola paixón polo viño, a carne e a conversa" e o cine de Fellini "cando se pon giallo". Cando ten que deixarnos un enderezo xenérico escolle "porno existencial, por dicir algo".
[Contracapa do libro]
ficha da publicación
» Título:
Sidecar
» Escritor/a: Alberto Lema
» Ed.
Galaxia,
» Ano: 2009
» Xénero: Narrativa
» CDU: 82-3=134.4
» IBIC: F - Ficción e temas afins
» Coleccion: Illa nova
» Pax: 168
» ISBN: 978-84-9865-175-1