Considerada unha das grandes escritoras mexicanas, Elena Poniatowska tamén é unha extraordinaria cronista da sociedade contemporánea.
En A filla do filósofo recóllese unha escolma da súa obra narrativa traducida por escritores e escritoras galegos. A través deste diálogo de literaturas, da confluencia de voces e culturas, chega a escritura sutil e incisiva da autora para facer penetrar os lectores na axitación das urbes, nos lares burgueses ou na paixón amorosa.
Unha ollada intensa, non exenta de escarnio e pulo poético, que retrata unha sociedade en plena mutación. [Contracapa do libro]