Puntuación: 2.0/5 (50 votos)
Había moito tempo que os animais andaban a matinar a que sabía a lúa. Era doce ou salgada? Só querían probar un anaco pequeno. Polas noites, miraban ansiosos para o ceo. Estarricábanse e estiraban o pescozo...
Quen non soñou algunha vez con darlle unha dentada á lúa? Este foi precisamente o desexo dos animais deste tonto. Tan só querían probar un anaquiño pero, por máis que se estiraban, non eran quen de tocala. Daquela, a tartaruga tivo unha xenial idea: "Quizais entre todos poidamos alcanzala".
Esta é unha historia de desexos que parecen -a primeira vista- inacadables, como a lúa, pero que conseguen facerse realidade grazas á cooperación. Unha axuda mutua da que son partícipes os máis variados animais: a tartaruga, sobre a que se sostería o mundo, segundo a mitoloxía; o elefante, a xirafa, a cebra, o león... ata que finalmente un deles, o máis pequeno de todos...
E así, a medio camiño entre a fábula e a lenda, este relato ofrécelle ao lector unha poética ensinanza que fala de xenerosidade, solidariedade e sañas compartidos; cun chisto de humor, o que aporta unha lúa sorrinte, burlona e algo saltareina.
"A que sabe a lúa?", escrito e ilustrado polo polaco Michael Grejniec, é un libro especialmente recomendado para primeiros lectores. Basea a súa estructura nas repeticións e na acumulación de personaxes, un recurso moi frecuente na literatura tradicional. Esta obra invita a ser contada, conseguindo unha gran participación entre o lector e o receptor.
Dende o punto de vista estético, as ilustracións destacan polo seu estilo sinxelo e cálido, ao que contribúe o soporte sobre o que están realizadas, en papel-couché. A distribución das imaxes e o texto, sobre fondo branco, proporciona un gran equilibrio que potencia o efecto artístico do libro.
[Presentación editorial]