Alguén deixara a billa aberta. O dono da casa nunca volveu; quen sabe onde andaría. Din que quizais marchou ás illas Fidji, ou que talvez fuxiu a buscar fortuna onde hai minas de ouro azul, alá por África. Ao final, aconteceu que a auga,
a forza de acumularse, rebordar e verterse por todas as partes, fixo nacer un home, un home alto, azul, transparente e cristalino. Un home de auga.
Fresco e xeneroso como o ser acuático que o protagoniza, este relato sensible e poético enxalza o valor da diferenza e calma a sede de palabras, emocións e sensacións dos lectores. Conta que quen viu o home de auga confundiuno cun charca, unha fonte. Outros asustáronse. Alguén mesmo chamou á policía. E aínda perseguido, o home de auga deixaba un rastro de ben ao seu paso. Pero esta historia, aconteceu de verdade ou é unha lenda? [Presentación editorial]