Puntuación: 2.5/5 (60 votos)
A vida e morte do lugués José Almoina veu da man do golpe de Estado do 18 de xullo
de 1936. A súa muller, Pilar Fidalgo, a súa sogra Hilaria Carasa Hevia e os seus cinco
fillos (o primeiro, José, falecido no exilio en Francia), Pilar, Helena, Leticia e Ulises
sufriron esa vida e esa morte no exilio, na persecución e no medo a ser descubertos e
asasinados até o tráxico final do asasinato de Almoina na capital mexicana por dous sicarios ás ordes do ditador dominicano Trujillo.
Moilos dos homes e mulleres galegos que tiveron que marchar cara da exilio en 1939, sufriron outras ditaduras, outros exilios e a morte, nos países de acollida. A lista sería interminábel. Desde Alberto Fernández Mezquita, exiliado en Venezuela e despois en Cuba polo golpe de Estado a Rómulo Gallegos, pasando por exiliados como Eugenio Granell en Guatemala fuxindo da ditadura trujillista, ou o vilagracián Ramón Varela, fuxindo das ditaduras brasileira e chilena dos anos 70 do século pasado, marchando cara a México.
A figura de José Almoina é polémica debido ao seu traballo como secretario do ditador Trujillo
en Dominicana, unha das peores ditaduras coñecidas na historia da infamia humana.
A historiografía actual dominicana coloca a Almoina como un aberto colaborador da ditadura
e un home cobizoso de diñeiro desde o seu autoexilio mexicano) que soubo xogar
a dúas bandas para lucrarse, desde México, do sanguinario Trujillo e da súa familia. Esta
imaxe é a que dan escritores como Llorens, Bernardo Vega e incluso o propio Galíndez.
Este libro tenta demostrar o errado das apreciacións que colocan a Aln10ina como
colaborador da ditadura de Trujillo, partindo de tres testemuños clave para coñecer a José
Almoina e a súa personalidade.
[Fragmento do Limiar]