Coincidindo coa celebración do oitenta aniversario do profesor Xesús Alonso Montero, a finais do 2008 naceu a idea, entre un grupo de amigos e ex alumnos seus, de ofrecerlle unha publicación de colaboracións a modo de agasallo. A partir de aquí foron diversas as plumas que se quixeron sumar a este tributo literario de afecto e recoñecemento ao catedrático da Universidade de Santiago de Compostela. Polo tanto, esta publicación constitúe, a un tempo, unha manifestación de agarimo ao amigo e máis unha homenaxe ao profesor que dedicou toda unha vida ao maxisterio socrático e ao amor á palabra. [Contracapa do libro]