Puntuación: 2.2/5 (47 votos)
Un mosquito ofrécese a axudar un ancián a descubrir a carne máis saborosa, e liberalo dunha serpe terrible que o quere papar. Como contrapartida, o vello dotáo dunha dentadura de ferro para que ningunha vítima se lle resista, e o agudo insecto aproveitará para deixarse levar pola súa voracidade...
En clave humorística, este conto tradicional chines, de carácter etiolóxico, revela por que o mosquito, en vez de falar, emite un zunido a modo de grito de guerra.
O lector pode seguir as peripecias duns personaxes que ensinan como xustiza e solidariedade trunfan sobre tamaño e forza, nunha historia que nos achega á cultura tradicional dun pobo que, durante séculos, tivo como modo de expresión esa voz que agora prolonga a súa vida na escritura.
O texto caracterizase pola súa sinxeleza e por ser moi divertido; por iso o humor, que sempre impregna as ilustracións de Roger Olmos, está, máis que nunca, xustificado.
Neste traballo de Olmos aparecen as súas persoais e características deformacións volumétricas, que proporcionan unha perspectiva curiosa dos personaxes, de reminiscencias "boterianas" tal vez non pretendidas. Os personaxes humanos son masculinos (ancián, ferreiro, nenos...), os personaxes fantásticos son animais (serpe, mosquito, paxaro, andoriña, rato...); unha oposición rendible para contar en imaxes unha historia que máis parece unha lección antropolóxica que, parafraseando a Kipling, podería titularse
Por que as serpes comen ratos.
A proposta plástica. que Olmos presenta en
Mosquito reúne as características ás que nos ten afeitos nos seus traballos de álbum ilustrado e que poderían constituír os seus sinais de identidade neste tipo de propostas: óleos contundentes nunha relación de absoluto predominio sobre un texto que respecta de forma escrupulosa no discurso plástico-literario da dobre páxina.
[Presentación editorial]