Puntuación: 2.1/5 (51 votos)
Había unha vez, hai moitos anos, un león chamado Kandinga.
Era o león máis poderoso e tamén o máis malvado.
A súa maldade era tal que chegou a devorar os seus amigos para saciar a fame. Por iso, quedou só. Os seus amigos, a súa muller e os seus fillos abandonárono.
A historia de Kandinga atesoura a sabedoría dos pobos africanos, a súa milenaria tradición oral e a riqueza da súa cultura. Un relato que invita a unha viaxe imaxinaria ata a recóndita sabana para coñecer os seus habitantes: crocodrilos, elefantes... E exercendo a súa hexemonía sobre todos eles, o león.
O protagonista desta fábula é un rei -enfermo, vello e abandonado- vido a menos pola súa crueldade. O egoísmo e a avaricia son malos compañeiros de viaxe, non só para os animais salvaxes, senón tamén para as persoas...
Boniface Ofogo propón unha reflexión sobre o comportamento humano e pon a experiencia do seu pobo natal ao servizo dos lectores para que aprendan esta moralexa: "Se tes moito, é bo compartir cos que non teñen nada". Elisa Arguilé acompaña o texto cunhas ilustracións de estilo primitivo que destacan pola súa forza expresiva e as contrastes de cor.
"O león Kandinga" forma parte da inesgotable tradición oral dos bantú, unha tribo que vive nas sabanas e selvas africanas, dende o centro de Camerún ata Sudáfrica. A maioría son lendas que recrean a estreita relación do ser humano co medio natural. KALANDRAKA inicia así un percorrido polo mundo, da man de contadores de cantos nativos daqueles lugares dos que proceden historias tan fascinantes como esta.
[Presentación editorial]