Puntuación: 1.7/5 (81 votos)
A linguaxe, o corpo e a natureza tecen unha “enigmática organización” que se manifesta pola boca da literatura: as palabras en vilo. Poemas que contan historias, que se moven “coma un vento infindo” polos espazos da narrativa, a canción, os
graffiti, o cine mudo ou o xerminar onomatopeico. Unha literatura “pel roxa”, que reivindica a arte da “ollada fértil”, a “man sincera”. Unha literatura que quere identificarse co andar do vagabundo de Chaplin e o voo do corvo de Noé, o da simultaneidade entre o imprevisible e o destino, entre a vangarda e a saudade.
Este libro é tamén, en si mesmo, unha illa de biodiversidade. A boca da literatura fala aquí en galego, castelán, catalán e éuscaro.
[Tradución da contracapa]