Puntuación: 1.8/5 (37 votos)
As memorias de María Tobio Fernández (Viveiro, 1908) recollen só parcialmente o extenso período da súa aínda venturosa vida, máis remiten a
un tempo decisivo para os destinos de Galicia e do
mundo, pois practicamente abranguen a primeira
metade do século XX, o cal xorde, aquí, nas súas
palabras coa inxenua, heroica e tumultuosa condición dos seus días. A autora non pretende dar unha visión polo miúdo nin outorgarlle ao seu relato
unha forma precisa, máis ben este constitúese por
secuencias, como iluminacións, entregadas pola súa
intensidade subxectiva, se ben contida na súa expresión. De certo, son anacos de vida, fragmentos,
que a lectura vai enfiando compasadamente cos silencios e, deste xeito, transmitindo máis inmediatamente o vivido, que por unha vez, no caso de
mulleres, nos chega na nosa lingua. Non deben lerse, non obstante, estas páxinas baixo o signo tranquilizador e tópico de que foron escritas como sabedoría que se deixa en herdanza moral e intelectual para os seus, como consecuencia acostumada
de quen sabe que afronta a última etapa da vida,
nin tampouco que se fixesen afastadas da Terra debe levar a unha interpretación en clave nostálxica,
senón que, sobor de todo, debe comprenderse nelas a subxectivación, a irrupción, non importa a
idade, dun efecto de verdade, aquilo que certamente as fai intemporais.
[contracapa do libro]