Eugene O'Neill recupera a saga da casa dos átridas, vella peripecia recollida xa na Ilíada de Homero, para trasladala a un país convulso por unha guerra civil.
A sociedade puritana e tradicional dos Estados Unidos de América é o trasfondo no que decorre a tráxica caída da casa dos Mannon, outrora poderosa familia abocada á desaparición por mor das vellas feridas que claman vinganza. [Presentación editorial]