Luis Manteiga (Compostela 1903-1949), director de
Claridad Semanario de Izquierdas e colaborador de Gui6n, Resol, Yunque, A Nosa Terra ou
N6s, foi un dos integrantes da Xeración das Vangardas, ainda que permaneceu até hoxe na zona escura
da historia galega. Coñecido unicamente polo seu labor como critico, recuperamos neste libro a súa mal-
fadada biografia e parte do seu legado artístico, o de
dramaturgo. A través de cinco pezas inéditas, escritas durante a II República, poderemos estudiar as diferentes liñas de renovación teatral que abortou a sublevación fascista de 1936. A mecada puido ser a
grande obra en tres actos que Castelao desexaba montar coa Polifónica de Pontevedra e Antón Vilar Ponte
quería para o público dos Coros Populares; mentres
Branca seria a peciña acaida para aqueles grupos de
Teatro de Arte, integrados polas elites cultas, polos
que optaba a xeración máis nova. A tradición e a modernidade, o popular e o culto fundidos nun teatro
que nos sorprende tanto pola novidade da dramaturxia como pola ousadia temática, xa que inclúe desde
técnicas de distanciamento á reivindicación da sexualidade feminina. No centenario do seu nacemento, recuperamos a Luis Manteiga para a Historia do
Teatro e de Galiza. [contracapa do libro]