Puntuación: 2.1/5 (50 votos)
-Que comerá o rei? -Comerá comerá...
Un rei ambicioso e ruín que pasa as horas contando as súas riquezas; un home e unha muller máis pobres que as arañas; unha aldea de labregos enganados polo monarca; e unha pota que vai dun sitio a outro apañando e repartindo entre os máis desfavorecidos o que, en xustiza, lles corresponde. Estas son os ingredientes desta divertida historia tradicional danesa, escrita probablemente coa idea de entreter e consolar os que sé dispuñan da fantasía para conxurar o destino.
Formalmente o texto preséntase como homenaxe implícita a Daniel Castelao, gran defensor da xustiza social. Así, a partires da proposta "Que comerá o rei? Comerá comerá..." o elemento fantástico -a pota que trota- mestúrase coa realidade para modificala en beneficio dos máis débiles, nunha lóxica evidente que subverterá a orde das cousas. Enxeño e humor para que os pequenos lectores saquen as súas propias conclusións nunha valla historia que non deixa de estar de actualidade.
O sentido humorístico e sarcástico do relato está perfectamente ensamblado coa especial proposta plástica da ilustradora alemá Kristina Andras, quen aporta como creación propia unha serie de divertidos personaxes que van aparecendo nas distintas páxinas e viven accións paralelas ás da historia, que nos farán descubrir en cada lectura novos detalles nos que recrear a mirada.
[Presentación editorial]