Puntuación: 1.9/5 (80 votos)
Neste breve ensaio, o historiador da economía Carlo M. Cipolla desenvolve unha visión das persoas estúpidas, que debuxa como un grupo máis poderoso ca a Mafia, o complexo industrial-militar ou a Internacional Comunista, e que actúa coordinadamente sen precisar de regulamentos, líderes nin manifestos, movido só pola súa propia estupidez.
As leis fudamentais da estupidez humana non é o traballo máis serio nin o que lle proporciounou máis prestixio académico ao autor, pero sen dúbida pode servir de utilidade ao lector precavido e contribuír dese xeito ao progreso do conxunto da sociedade.
Carlo Maria Cipolla (1922-2000) foi un historiador da economía italiano. Nacido en Pavía, e graduado na Universidade desa mesma cidade, aos 27 anos deu comezo a unha longa carreira académica en Italia que o levaría ao posto de catedrático na Universidade de California en Berkeley, e a ser admitido en varias academias de prestixio (Royal Historical Society, American Academy of Arts and Sciences, Accademia dei Lincei).
Cipolla foi unha autoridade recoñecida na historia económica, e traballou tamén na historia da tecnoloxía, a alfabetización e os sistemas sanitarios. Porén, un dos seus traballos máis divulgados é a breve análise económica, demográfica e histórica da estupidez humana que se recolle neste libro.
[Presentación editorial]