Imaxes na Pel é o rescate dun poemario perdido, o froito dunha singradura entre ruínas poéticas. Morto o autor orixinal e convertido nun mero copista da obra desaparecida, o eu poético persoal pérdese entre traducións e só atopa a súa razón de existencia na creación dunha linguaxe propia.
Elías Portela (Cangas do Morrazo, 1981) é un lingüísta, tradutor e poeta especializado no galego e no islandés. A súa obra baséase nas posibilidades das palabras e na busca dunha inspiración completamente externa ó autor. Adapta ó galego imaxes e conceptos poéticos doutros idiomas entre eles a súa lingua artificial propia, lwyma, na que bloguea habitualmente. [Contracapa do libro]