Puntuación: 2.2/5 (55 votos)
O Dr. López Suárez (O Saviñao, 1884;
Madrid, 1970) abandonou o ambiente da consulta
médica e prestixio científico e transformouse en
Xan de Forcados, un home de acción á procura
do progreso de Galicia. Esa transformación non se
debeu, como no caso do doutor Jekyll e Mr. Hyde,
a un caso de desdobramento de personalidade, senón que ambas actividades se sustentan no ideario
da Institución Libre de Enseñanza, da Residencia
de Estudiantes e da Junta de Ampliación de Estudios, o movemento científico e educativo co que
se relacionou ao incorporarse á Universidade de
Madrid para estudiar os últimos anos da carreira de
Medicina. Xa era Xan de Forcados cando Cruz Gallástegui, director da Misión Biolóxica, lle dedicou
unha das súas publicacións (Cómo se debe hacer
la selección del maíz, Lugo, Ronsel, 1924), confirmando que a el "se debe la creación de la Misión
Biológica de Galicia". Un galeguista práctico, en
opinió de Bal y Gay, un home de ciencia e un impulsor das melloras culturais de Galicia, como lle
gustaba definilo a Filgueira Valverde, que tan ben
coñecía o entusiasmo de Xan de Forcados pola Misión Biolóxica e a súa outra faceta de mecenas porque lle doou unha colección de ourivería popular
ao Museo de Pontevedra. "Dar cultura ao pobo",
proclamaba a Institución Libre de Enseñanza,
como único remedio de tantos males xa daquela
presentidos.
[contracapa]