Puntuación: 2.1/5 (57 votos)
Hai moito, moito tempo, viviu nunha cidade de Oriente un comerciante. Era coñecido como Muhar o Pequeno, pois non era tan rico como Muhar o Grande. Estaba moi namorado de Yasmina, pero a moza prefería as riquezas de Muhar o Grande. Un día, o humilde Muhar soñou cun tesouro que atoparía en Elsada, unha afastada cidade do Norte. Pensou que se regresaba de alí sendo un home pudente, Yasmina podería namorarse del. Así foi como emprendeu unha longa e perigosa viaxe...
Unha obra de lectura fluida e entretida, cun ritmo narrativo constante e dinámico. Un libro denominado "de busca e viaxe"; o seu protagonista emprende un itinerario físico e real, mais tamén un percorrido interior e de madurez persoal, de moito calado metafórico para a mensaxe que transmite: ás veces é necesario emprender unha viaxe moi lonxana e tortuosa para acabar comprendendo que aquilo que buscabamos estivera ao noso alcance sen decatarnos.
Os personaxes responden aos arquetipos propios das historias de aventuras: Muhar, un rapaz de personalidade voluble; e Yasmina, unha moza frívola, materialista e clasista, fronte a Fátima, que se caracteriza polo seu espirito loitador, nobre e discreto.
Con certo ton de fábula, "O tesouro agochado" anima os lectores a buscar os sentimentos auténticos fronte ao afán de posesión material, e a perseverar na superación persoal, loitando por facer realidade os soños, sen pasar por alto emocións como o amor, a amizade, a soidade, a morte ou o medo.
[Presentación editorial]