Dotado dun fino humor negro, dunha curiosa retranca e dunha forte imaxinación, os relatos de Kosztolányi chegan a ser universais partindo do local. Describe a vida centroeuropea de entreguerras, de burgueses e sońadores, cun filtro acedo, crítico e cruel pero tamén dun xeito atemporal, facendo das cousas máis cotiás e das historias máis incríbeis unha alegoría dos caracteres de todos os seres humanos. Os seus relatos mostran o lado máis humano pero tamén máis escuro de todos nós, de todo o que devecemos –ou tememos– ser, da deshumanización e da tenrura, dos medos, sońos, aspiracións dende unha óptica fortemente surrealista. [Contracapa do libro]