"Apurei a miña mocidade e a miña sexualidade ata quedar sen pinga. Hai anos dicíame: que nova son e que pouco me decato. E mírame: teño vinte e nove anos. Vinte e nove! Eu admito algo. Quizais sexa demasiado nova e demasiado bonita para morrer. Podería esperar un ano máis".
Caludia Córdoba é unha moza de nai morta e pai descoñecido que mira a vida desde unha posición frívola e descarada. Brillante e culta, entrégase nos seus últimos meses de vida, por pura extravagancia á relixión. Está casada con David, pero ela dedícase a repetir o pasado, ou a querer repetilo, cun vello amante. Non sabe que el tamén o fai, pero non o pasado que cre ela, senón un máis afastado e doloroso. [Contracapa do libro]