Puntuación: 1.6/5 (78 votos)
Niklas Luhmann foi, ante todo, sociólogo. As súas obras son unha socioloxía da sociedade complexa actual. Pero para Luhmann esta sociedade non está formada por seres humanos, senón por sistemas. Os homes, non somos a sociedade. Esta idea choca coa intuición que temos da sociedade fóra da socioloxía, pois: non vivimos, nos repetimos até a saciedade, en tempos de homes civilizados e con dereitos? Non vivimos acaso nunha sociedade democrática de homes civilizados, iguais en dereitos? Luhmann non foi un tolo da ciencia ficción para o que viviriamos nun mundo de ciborgs. Luhmann foi un sociólogo alemán obsesionado en describir a complexidade social na que vivimos. Para el, as explicacións tradicionais ancoraban nunha filosofía obsoleta, con visións da realidade (ontoloxías) non suficientemente complexas.
Como a sociedade actual, a teoría de Luhmann é dunha extrema complexidade; a obra de Luhmann é complexa en si mesma.
Este libro é unha introdución á socioloxía de Luhmann. Luhmann mira á sociedade moderna de fronte, ofrecendo unha visión complexa do mundo social contemporáneo. Con esta introdución queremos achegar a súa teoría á sociedade galega, pois Galicia é, sen dúbida, unha sociedade complexa.
[Presentación editorial]