Vida, pensamento e influencias de Simone de Beauvoir son difíciles de sintetizar e transmitir, en parte por unha cuestión de cantidade (é moito o escrito e o falado por ela e sobre ela), en parte, pola multiplicidade de planos que se entrecruzan e mesturan. Esta escritora francesa viviu de forma moi intensa, mantendo numerosas relacións de amizade, sentimentais, políticas, laborais; viaxando decotío toda a súa vida a destinos de todo tipo, próximos e distantes, a pé, en avión etc.; e explorou a expresión das súas cavilacións a través de canles literarias tamén múltiples falando –mellor dito, escribindo– unha e outra vez de si mesma. [Presentación editorial]